FERROL360 | Venres 29 maio 2015 | 12:06
Ter un orzamento moi axustado non é un impedimento para facer unha campaña electoral e rentabilizar o traballo feito. Así o ten amosado Xunt@s por As Pontes, que con so 1936 euros sacou adiante a campaña e ademais aforrou 36,84 euros.
O grupo fixo públicas as súas contas detallando ingresos e gastos. Uns ingresos que ascenden a 1936 euros e que teñen a súa orixe nas contribucións de integrantes da lista e simpatizantes. Os gastos suman un total de 1899,16 euros, dos cales, a partida máis grande adicouse á impresión de dípticos e carteis con 832,35 euros.
En sobres e papeletas gastaron 87 euros, mentras que en carteis e pancartas 390,51 euros. Para propaganda de produtos locais adicáronse 154,99 euros, e o aluguer local ascendeu aos 200 euros. Tamén hai que sumar gastos ferretería de 100 euros e taboleiros 134,31 euros.
Xunt@s por As Pontes asegura que «os proveedores de todos os servizos xa cobraron o que lles correspondía». Asimesmo, salientan a importancia do traballo desenvolvido por colaboradores independentes que puxeron á súa disposición os seus coñecementos técnicos e o seu traballo.
En canto aos ingresos futuros que recibirá o grupo en base á subvención electoral, informan que por cada concelleiro adícase 271 euros, polo que disporán de 542 euros ao ter acadado dous edís. Tamén percibirán unha cuantía de 410 euros polo total de votos contabilizados no seu favor.
Debate sobre el post