ARY L?PEZ | Venres 24 xaneiro 2014 | 11:39
O pasado contado dende o presente. Dende unha mirada curiosa, comprometida e sen medo ? verdade. As? ? A pegada dos av?s, un proxecto documental dirixido por Xos? Abad onde sete estudantes de Bacharelato Art?stico do IES Adormideras de A Coru?a se introducen na memoria dalgunhas familias que foron v?timas da guerra civil espa?ola.
Xos? Abad ? un director de grande interese antropol?xico, hist?rico e social, e as? o reflectiu en anteriores t?tulos como Isaac, Memoria viva ou Ashaninkas.
Para o autor, que xa se achegara ? tem?tica da guerra civil en O segredo da Frouxeira, co?ecer a verdade ? algo as? como unha forma de pechar os traumas. A pegada dos av?s ? unha viaxe ?s feridas dos nosos devanceiros, unha aut?ntica lecci?n da nosa historia. M?is humana e real que aquelas que nos contan na escola.
Producido por EAF e con gui?n de Sandra G. Rey e Xos? Abad, o documental foi presentado o pasado mes de decembro en A Coru?a. Este venres ser? proxectado en Ferrol na Fundaci?n Novacaixagalicia (praza da Constituci?n) ?s 20:00 horas. O acto, organizado polas asociaci?ns Memoria Hist?rica Democr?tica e Fuco Bux?n, ten entrada libre ata completar aforo.
Con motivo da proxecci?n, Ferrol360 falou co art?fice desta historia.
FERROL360 – Con que finalidade xorde o documental?
XOS? ABAD – Naceu por iniciativa da Comisi?n de Recuperaci?n da Memoria Historica de A Coru?a, que quer?an facer un documental sobre o tema. A nosa ?nica condici?n foi ter liberdade absoluta para desenvolve-lo gui?n e de a? foi sa?ndo todo o traballo.
360 – Como ? esa mirada dos mozos e mozas investigadores neste proxecto? De que maneira se involucraron nel?
XA – Os rapaces abordaron o documental con certo distanciamento ao principio porque moitos non ti?an nin idea do que pasara e outros ti?an moi pouca informaci?n. Con esa premisa iniciamos o documental, e tampouco n?s co?ec?amos a ning?n dos rapaces. De feito, o av? e o bisav? dun deles foron fusilados polos ?roxos?. Outro foi descubrindo cousas do seu pasado a medida que fac?a o documental.
360 – En que ?mbito xeogr?fico se move o filme?
XA – N?s fixemos a proposta con testigos directos desta ?poca e, tras unha selecci?n, escollimos as biograf?as que nos pareceron m?is interesantes. De a? sa?u unha familia ferrolana, a de Gabriel Toimil (republicano), que cando a s?a nai -Amada Garc?a- estaba embarazada foi detida e fusilada tres meses despois de nacer Gabriel.
A outra historia ? a de Jose Villaverde. A s?a filla Mariqui?a a?nda vive, e con ela recuperamos a historia. Con estas d?as familias temos un perfil universal de todo o conflito. Da igual que sexan de aqu?, de C?ceres ou de Madrid. Todas foron v?timas da guerra civil.
360 – Para os alumnos participantes supo?o que ser?a unha aut?ntica lecci?n de historia. Se cadra unha alternativa m?is achegada ? realidade que a que se poden atopar nas aulas.
XA – Nas aulas apenas obte?en informaci?n, nos libros non aparecen todas estas referencias, e foron descubrindo moitas cousas a medida que avanzaba o documental. Unhas positivas, outras sorprendentes e terror?ficas. Para eles foi unha aut?ntica viaxe. E a partir dese traballo tam?n foron medrando eles.
360 – Ent?n, que foi o que aprenderon? Que che trasladaron logo de investigar durante este tempo ?s familias afectadas?
XA – No transcurso da pel?cula vas vendo como vai reaccionando cada un e ves as s?as impresi?ns do que van narrando a trav?s do seu videoblog. O novidoso deste documental con respecto a outros ? que por primeira vez se fai unha mirada ? historia por parte de rapaces tan novos.
360 – ? un documental en varios idiomas? Tedes intenci?n de exportalo a outros centros educativos?
XA – A versi?n orixinal ? en galego e temos unha versi?n subtitulada en castel?n e outra en ingl?s. Imos ver o percorrido que ten a pel?cula, porque de momento xa se presentou na Coru?a, agora en Ferrol, logo en Santiago e pouco a pouco imos ver ata onde chega. A intenci?n ? que circule polos centros de ensinanza, institutos e universidades.
360 – O documental tivo que nutrirse na rede de micromecenado -crowdfunding-. Careceu de suficientes axudas institucionais?
XA – Non houbo ning?n tipo de axuda institucional. Financiouse a trav?s de pequenas aportaci?ns de moita xente, capitalizaci?n dos nosos propios salarios e coa inversi?n econ?mica da produtora EAF.
360 – Outros t?tulos teus como Isaac, Ashaninkas ou Memoria Viva tam?n recorren ao pasado para contar unha historia.
XA – Memoria viva est? composta por vinte pezas que recollen a testemu?a directa de xente que viviu o proceso hist?rico que vai dende a Segunda Guerra Mundial ata a Transici?n. A idea deste traballo era salvar esas memorias.
En Ashaninkas foi un reto bastante grande. Narra o conflito deste grupo ?tnico da selva amaz?nica central do Per?, que sufriu grandes abusos: a guerra contra Sendero Luminoso, o narcotr?fico e as presi?ns de madeireiras internacionais.
E con Isaac recollimos o pensamento vivo de Isaac (D?az Pardo), o seu percorrido sobre o que pensaba a respecto de moitos aspectos: art?sticos, arquitect?nicos, industriais e a s?a traxectoria e pensamento pol?tico. Tanto Isaac como O segredo? foron iniciativas da AC Fuco Bux?n.
360 – Na t?a faceta como director, xa traballaches coa nosa memoria hist?rica en O segredo da frouxeira, un documental gravado en Ferrolterra.
XA – Os protagonistas son de Serantes e a historia est? ubicada en toda a ?rea de Ferrol.
360 – A?nda que O segredo… ten outro enfoque distinto a A pegada dos av?s, tes pensado trazar unha trilox?a ou certa secuencialidade a partir destes dous proxectos?
XA – Eu dir?a que se complementan, pechan un ciclo. Na primeira c?ntase moi ben a historia por parte dos protagonistas. ? unha pel?cula que serve para comprender perfectamente o que foi a guerra civil: a orixe, o que sucedeu e as consecuencias. A?nda que as testemu?as seguen vivas, hai unha mirada cara atr?s. No segundo caso, hai unha mirada de hoxe cara ao futuro. Son xente nova que colle o testigo de revisar o que non lle contan na escola.
De t?dolos xeitos, a memoria hist?rica ten que estar de actualidade porque a?nda queda moito por resolver.
Debate sobre el post