FERROL360 | Domingo 8 septiembre 2013 | 20:33
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu esta mañá á recreación da malla tradicional que se celebra cada ano na parroquia de Os Casás, en Cerdido.
Calvo comprobou a implicación dos veciños que traballaron a reo nesta iniciativa, onde participaron máis dun centenar de traballadores ataviados cos traxes típicos da malla e destacou que esta actividade era «unha mostra máis do respecto que temos os galegos hacia as tradicións e, sobre todo, hacia o traballo dos nosos maiores».
Ademáis da recreación da malla tradicional, houbo tempo tamén para unha exposición de maquinaria agrícola e de vehículos antigos que serviron de atractivo a todos os que se achegaron a Cerdido.
Acompañado pola alcaldesa, Ana Rodríguez, e outros membros do goberno local de Cerdido, o presidente da Deputación Provincial tamén puido coñecer o estado das obras da nova nave municipal que se está a construír na parroquia de Os Casás grazas a unha axuda da Deputación de 105.000 euros.
A nave servirá para gardar todo o material agrícola do concello e tamén para conservar pezas antigas que foron restauradas nos últimos anos por unha asociación do municipio, que en palabras de Calvo «teñen moitísima importancia porque recollen a historia dos últimos séculos deste municipio».
Debate sobre el post