Publicidad

Quique Peón: «Os do Fondo da Barra, buscamos contar algo co tratamento escénico, non só é a música»

Presentan o seu disco «Bânzô », no Pazo da Cultura en Narón o próximo venres ás 20:00 horas

ALICIA SEOANE | Martes 21 de enero de 2025 | 12:15

«Os do fondo da barra» nace no seo de Xacarandaina, un grupo de música galega tradicional creado na Coruña no año 79, dirixido por Quique Peón. O vindeiro venres 25 de xaneiro ás 20:00 horas, pisarán o escenario do Pazo coa súa nova discografía Bânzô, un estrea na comarca, xa que non presentaron o disco na zona.

Unha posta en escena realizada con cariño e coidado para poñer textura ao traballo de quince homes, que utilizan o instrumento fundamental que lles dá o seu corpo: a voz.

A creación deste grupo xurdiu como algo natural, xa que estes quince rapaces xa eran compañeiros de formación en Xacarandaina: «Fomos xuntándonos de forma natural, porque xa ensaiábamos xuntos, a todos nos gustaban o que se coñece como cantos de taberna, e comezamos a cantar e a traballar con temas tradicionais e populares dándolles un tratamento folk. Todo acústico, pura voz, sen nada electrónico», explica Quique Peón.

A gravación do disco supuxo un quebradeiro de cabeza, pois o que en directo funcionaba ben, no disco «non terminaba de encaixar». Tras unha volta, comezaron a musicar os temas, o que implicou un retraso de medio ano no lanzamento do disco: Bânzô.

Bânzô significa peldaño, escabelo, xa que os cantos de taberna foron tratados e musicalizados levándoos a unha sonoridade máis folk, polo que o nome do disco fai referencia a un peldaño máis dentro deste tipo de cantos populares.

O símbolo e a estética que se representan no disco están baseados nos símbolos das chaquetas dos homes de As Mariñas, e todo xira arredor dese universo do mundo tradicional. Bânzô tamén está plantexado como un espectáculo en directo: «buscamos contar algo co tratamento escénico, non só é a música. Con este espectáculo estamos comezando a darnos a coñecer».

Os seus quince integrantes interpretan nesta proposta cantos que se recolleron por todo o territorio galego, co propósito de representar esos cantares masculinos da arte inmaterial do noso país.