Publicidad

Unha homenaxe en imaxes e letras á literatura de Loisa Vilalta

ALICIA SEOANE | Luns 13 de maio 2024 | 11:45

Luísa Villalta Gómez nace na Coruña en 1957 e morre de forma prematura no ano 2004. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, artigo e tradución. A súa vida déixanos unha basta produción non só literaria, se non tamén  da outra paixón de Villalta o violín.

A Real Academia Galega (RAG) elixiu a Luísa Villalta como autora homenaxeada para o Día das Letras Galegas do 2024. A RAG destacou que «foi unha creadora dunha obra única e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega xurdida na segunda metade dos anos 80 e principios dos 90».

A proposta foi encabezada pola escritora e académica Ana Romaní e apoiada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Eulogio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino e Manuel González González.

Estudou na escola Xosefinas da rúa Juan Flórez e no liceo Eusebio da Guarda. Licenciouse en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, tamén licenciouse en violín.

Formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela dende 1985 e, posteriormente, da Xuventude Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. En 1988 aprobou as oposicións de Magisterio de Lingua e Literatura Galegas, e deu clases no IES Xosé Neira Vilas (Perillo, Oleiros), no IES Canido(na Filial) e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural: impartiu seminarios, recitais de poesía y conferencias, entre outros. Colaborou en varias publicacións como Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Gallego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página aberta.

Os artigos que publicou entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 de marzo de 2004 en A Nosa Terra, foron recopilados no Libro das columnas (2005).

Participou en organizacións como a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Foro pola Cultura Galega ou a Mesa de Normalización Lingüística.

(Estes textos son breves seleccións do artigo publicado por Ana Romaní na páxina da Real Academia Galega)

Escoito a voz
que me silencia:
comezo a expresar
o necesario

Versos escritos 46 días antes de morrer con 46 anos.

Algúns estudantes da Filial cualificaron á profesora de «transgresora» e falan da súa personalidade como «magnética e arrebatadora». Loisa Vilalta como era coñecida na Filial, destacou, en palabras de Ana Romaní polos «acentos da súa voz, os focos do seu traballo, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na súa singularidade; e sendo unha escritora que se incardina no seu tempo, traza no literario insólitos itinerarios. A solidez do edificio que constrúe emerxe nunha obra marcada pola exploración, o pensamento apaixonado, a procura do rigor. Luísa Villalta pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas».

Luísa Villalta de bebé no colo da súa nai, María Gómez. Autor: Rafael Villalta. Fonte: Arquivo familiar – Centro Ramón Piñeiro.

Luísa Villalta coa súa irmá Susana posiblemente na rapa das bestas de Mondoñedo. Autor: Rafael Villalta
Fonte: Arquivo familiar – Centro Ramón Piñeiro.

Luísa Villalta co seu pai, Rafael Villalta, na primera metade dos anos 60, no río Mandeo ao seu paso por
Betanzos. Autora: María Gómez. Fonte: Arquivo familiar – Centro Ramón Piñeiro.

Luísa Villalta cos seus pais e a súa irmá na fraga da Espenuca. Autor: Rafael Villalta. Fonte: Arquivo familiar.

Luísa Villalta, coa súa nai e a súa irmá, celebrando o seu aniversario a comezos dos anos 70. Autor: Rafael Villalta. Fonte: Arquivo familiar.

Luísa Villalta, coa súa nai e a súa irmá, celebrando o seu aniversario a comezos dos anos 70. Autor: Rafael Villalta. Fonte: Arquivo familiar

Luísa Villalta retratada nun verán en Estepona (Málaga) a mediados dos anos 70. Autor: Rafael Villalta. Fonte: Arquivo familiar – Centro Ramón Piñeiro.

Abrir a boca en ti, onde as estrelas
configuran a constelación dos nosos nomes,
abrandar a vontade que nos puxa
implacabelmente para os extremos opostos
con esa forza de non sermos nen eu ti nen ti eu,
cortar a fita para inaugurar o tempo
no que nos miramos o ollo no ollo multiplicado
como o rio aquel, o suor, o beixo continuado
balizado por latexos que se escapan,
e palabras atadas que nos fican dentro,
para fabricar o xesto de buscar-nos
por debaixo das sombras e os vestidos.

( de Apresados sen presa)

Luísa Villalta con outros músicos participantes nunha ornada de concertos na praza de touros de Pontevedra.
Fonte: Arquivo de Xoán Piñón.

Luísa Villalta con Perfecto Estévez, Yolanda Yáñez e Francisco Pillado, en Santiago de Compostela o Día da
Patria Galega de 1994. Fonte: Arquivo de Yolanda Yáñez.

Pero ti eras máis en silencio.
As palabras brillaban nas moedas dos rostos.
Pero ti eras máis, cara adiante de min
a miña silueta alancaba corredores de alento.
Que me espera através do terror
que alimenta o que aínda nos falta?

(de Estudo das sombras)

Luísa Villata pintando versos. Fonte: Arquivo de Blanca Silva.

Luísa Villalta con Cesáreo Sánchez Iglesias nun recital poético (2002). Fonte: Arquivo de Xurxo Gómez Chao.

Según Ana Romaní a lectura hoxe das súas columnas desvela a lucidez da análise e a capacidade para detectar os indicadores dos problemas por chegar: a perda de falantes, a crise económica, ou as consecuencias do peche dos medios de comunicación en galego, entre outros:

Se toda a nosa historia fose así, un construír, máis que un acumular, fragmentar e derrubar, se cada unha das nosas actuacións fosen un continuo cimentar máis que un utilizar e desgastar, gozaríamos da vida nun país seguro de si mesmo, acolledor, criativo e orgulloso. ( Luisa Villalta) 

 

Luísa Villalta en Portugal. Fonte: Arquivo familiar – Centro Ramón Piñeiro.

Parar poñer fin a nosa homenaxe a Loisa Vilalta pechamos coas súas palabras

Así vou eu
formando parte
Non me abandono e formo parte

                                                                              (de En Concreto)