FERROL360 | Mércores 3 de julio 2024 | 9:50
No roteiro de murais ligados ao Xeoparque Cabo Ortegal, o Concello de Moeche sumou unha homenaxe ao un dos momentos máis transcendentais da historia de Galiza, a Revolta Irmandiña. O impresionante resultado final ofrecido polos artistas Mou Mutante e Sokram pódese observar na parede frontal do exterior do polideportivo municipal, na entrada do concello en San Ramón.

Desde o Concello de Moeche queren salientar o traballo artístico realizado por Mou Mutante e Sokram, quen no marco das intevencións de arte mural da Asociación Xeoparque Cabo Ortegal, presentaron no seu momento un fermoso e acertado deseño baseado nunha das frases máis coñecidas da Revolta “e dicían que os gorrións habían correr tras os falcóns”, texto que preside a sala principal do Centro de Interpretación das Revoltas Irmandiñas, no Castelo de Moeche.