FOTOGRAFÍA DE ROCÍO BRAGE, TEXTO ALICIA SEOANE | Venres 30 de agosto de 2024 | 12:00
Parece incríble que ese pequeno anaco de fariña feito ao forno, sexa tan laborioso e implique tantas horas de traballo e agarimo ata chegar ás nosas táboas.
Lembro que cando estudaba tiña unha amiga que o seu pai era panadeiro. Ela sempre falaba das noites no forno debaixo da súa casa. Ese cheiro que impregnaba o ambiente. Pero tamén, as horas de traballo físico e o esforzo persoal, de estar toda a noite entre fariña e fornos, para elaborar ese produto tan rico que é a base da nosa alimentación.
Un panciño que é tan bo e tan barato, que ás veces olvidamos que ese manxar que levamos á boca e nos fai tan felices, foi amasado coas máns e o agarimo de persoas que botan a noite sen durmir, para que nós poidamos comelo fresco cada mañá.
Estas imaxes da Panificadora Germán en Neda, son unha homenaxe a todas as persoas que se adican a esta tarefa. Nas imaxes podemos ver a Carlos López López, dono e panadeiro por herdanza do forno, pero tamén o pasteleiro Juan Carlos García Gándara.







