FERROL360 | Domingo 3 marzo 2019 | 00:00
Un Mestre Mateo foi para Narón. A naronesa Sandra Sánchez recolleu por «A nena azul» o galardón á mellor curtametraxe na súa edición número dezasete, celebrada no Pazo da Ópera da Coruña. Carla Díaz, Lucía González e Sergio Zearreta encabezan o reparto desta creación de Reira Filmes.
A produción levouse a cabo de xeito asociado con Píxel Films e en colaboración con Comunika. Trátase dunha historia unida con «A nadadora», xa que a mesma protagonista ten 8 anos no traballo galardoado e 15 na outra peza audiovisual. A rodaxe desenvolveuse na Costa da Morte.