Publicidad

Ladislau da Regueira pecha o seu propio círculo no Torrente Ballester

Obra protagonista del proyecto cultural
Obra protagonista do proxecto cultural

FERROL360 | Mércores 20 marzo 2019 | 13:02

O ferrolán Ladislau da Regueira clausurará este venres a exposición «Vinte pesos máis un tirados á palangana», que enmarca no seu proxecto «Doxografía da existencia». O acto comezará ás 19:30 horas na Sala de Proxectos do Centro Torrente Ballester, onde o artista naceu ao ser o Hospital de Caridade da cidade ata hai escasamente unhas décadas.

A mostra supuxo exhibir unha única peza de técnica mixta e de gran formato. Contou para a produción coa aportación de Xavier Rodríguez Varela para a creación de textos narrativos e de Malena Carballo para desenvolver a correspondente edición audiovisual.

Neste derradeiro caso, será presentado este complemento en datas vindeiras. Segundo o propio Rodríguez Varela, o proxecto pasa por ser un «rexeitamento á mediocridade e ao espectáculo». Di que a «arte vén sendo unha gran mentira que amosa a Verdade; así, con maiúsculas».