
FERROL360 | Martes 3 decembro 2019 | 00:00
O Campus de Ferrol, xunto coa Sociedade Galega de Historia Natural, organizan unha saída por Esmelle e San Xurxo o vindeiro sábado 14 de decembro dentro da actividade Roteiros para ferrolanear.
Estes roteiros son una serie de propostas desde a UDC para coñecer e disfrutar camiñando da cidade e a súa contorna.
Na actividade do sábado 14 de decembro farase un percorrido polo Carregal de Esmelle e San Xurxo, un humidal a carón da praia.
Así, as persoas interesadas poderán disfrutar e coñecer a nosa contorna natural acompañados dun experto biólogo, que explicará con detalle as especies animais e vexetais que habitan estes espazos, así como a súa importancia ou singularidade, motivo polo que estas zonas son obxecto de diversas medidas de protección fronte ás agresións.
No percorrido haberá a oportunidade de coñecer algunhas especies botánicas e animais propias de sistema de duna ou de hábitats húmidos, así como observar o rastro da fauna habitual neste tipo de hábitats.
O nivel da caminata é baixo, uns catro kilómetros, aínda que é preciso levar roupa e calzado cómodos e acordes co lugar e a meteoroloxía.
A saída será o vindeiro sábado 14 de decembro ás 10:00 horas diante do Museo da SGHN na praza de Canido. Dende alí, se sairá en bus, de balde, cara a Esmelle e San Xurxo.
O regreso será no mesmo sitio, aproximadamente, ás 13:30 horas. O prezo da inscrición é de 5 euros para adultos e de 3 euros para menores de 12 anos, xubilados, universitarios e parados.
O límite de prazas é de 25 persoas. A inscrición previa podése facer no seguinte enlace.