FERROL360 | Martes 3 decembro 2019 | 00:00
O Concello de Narón abre o prazo para solicitar a instalación de postos no «XI Mercado de Segunda Man» que se celebrará o vindeiro 15 de decembro na Praza de Galicia, xunto ao Concello.
O evento está convocado exclusivamente a particulares, non a comerciantes nin vendedores ambulantes, tal e como indicou o concelleiro de Feiras e Mercados, Santiago Galego. Ademais, también está prohibida a venda de artesanía, animais, produtos alimenticios ou bebidas, indicou o edil.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 11 de decembro. O mercado terá un total de setenta postos, que se concederán por rigorosa orde de solicitude.
Ademais, as solicitudes comprometen a entrega de catro quilos de alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza, que se entregarán ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.
A montaxe dos postos será o día previo ao evento, que será o 15 de decembro, de 8:00 a 10:30 horas.
As inscricións son de balde, polo que as solicitudes dos postos deben formalizarse a través do Rexistro do Concello, por correo certificado ao Rexistro ou a través da Sede Electrónica do Concello.
Finalmente, lembrar que o mercadillo cambia de ubicación respecto a anos anteriores e esta edición terá lugar na Praza de Galicia, xunto ao Concello, a partir das 10:30 ata as 14.00 e dende as 16:00 ata as 19:00 horas.