FERROL360 | Domingo 11 febreiro 2018 | 13:47
A pista polideportiva da Solaina acolleu o sábado a celebración do Festival de Comparsas de Narón. Un certame no que resultou gañadora a comparsa A Canteira, de Neda. O segundo premio foi para Os Trastos, de Valdoviño, e o terceiro para Troupele, Troupele, de Narón. As tres agrupacións recibiron de premio unha figura conmemorativa do Día do Entroido.
O público ateigou a carpa habilitada para a cita na que tamén participaron as comparsas Os Parrandolos, Os Colludos, Vide Vindo, Os Argalleiros, Treboada da Semente e Os de jris, de Narón, así como A CRM Xente de Aquí e de Acolá, de Pontedeume, e A Revolta, de Ferrol.
As agrupacións tamén amenizaron a XIV edición da Festa do Cocido da AVV da Gándara e realizaron un desfile por varias rúas do municipio. Durante a tarde tamén houbo concurso de disfraces con tres categorías: adulto, infantil e por grupos.