FERROL360 | Martes 13 marzo 2018 | 12:26
Co gallo do ciclo de cinema galego que puxo en marcha o Ateneo Ferrolán, este martes proxectarase no salón de actos da entidade o filme O lapis do carpinteiro, baseado na novela homónima de Manuel Rivas.
Será ás 19:00 horas e con entrada de balde. O largometraxe ten unha duración de 100 minutos e está dirixido por Antón Reixa. No reparto destacan Tristán Ulloa, Luis Tosar, María Adánez, Nancho Novo, María Pujalte ou Manuel Manquiña.
Daniel da Barca é un mozo médico e intelectual republicano encarcerado polas súas ideas. A súa noiva, Marisa Mallo, filla dun coñecido reaccionario, loita por devolverlle a liberdade.