Publicidad

Cinemas de Galicia chega a Cariño con catro proxeccións

FERROL360 | Luns 23 abril 2018 | 9:18

Durante catro sábados, Cariño gozará das proxeccións do programa Cinemas de Galicia. Un programa de AGADIC que, en colaboración co Concello, pretende achegar o cine europeo e galego á localidade. Así, proxectaranse catro filmes no Auditorio Municipal os sábados a partir das 19.30 horas.

A programación arrancará o vindeiro 5 de maio coa película Moitos fillos, un mono e un Castelo. É un filme para todos os públicos. O 19 de maio será a queda para A Librería, unha película non recomendada para menores de 12 anos.

O sábado 2 de xuño, O Fillo de Bigfoot protagonizará o programa. Este filme está recomendado para todos os públicos. Pechará o ciclo a película O Autor, o 9 de xuño. Un filme non recomendado para menores de 16 anos.

Cariño forma parte do programa xunto con nove concellos máis de toda Galicia: Allariz, As Pontes, Cedeira, Celanova, Foz, Ortigueira, o Carballiño, O Grove e Verín. O custe da entrada é de 3 euros.