Publicidad

O cantar de cego de Leandro Lamas inaugurou a Feira Medieval

FERROL360 | Sábado 4 agosto 2018 | 12:04

«Ferrol Vello é bo lugar para a Feira Medieval, si se adecentara un pouco non lle vía nada mal», así comezou este venres o pregoeiro oficial da cita, o artista Leandro Lamas, o seu cantar de cego que serviu para abrir as portas desta viaxe ao pasado.

Animou aos «nachos e nachas de Ferrol» a mercar os produtos que enchen os postos no canto de ir ao «centro comercial». A calor tamén estivo presente no pregón: «se fica así o verán non marcho para Benidorm», dixo con sorna.

O «tufo» de Reganosa atopou oco antes dunha despedida na que Lamas instounos a gozar da feira, da que podemos consultar toda a programación nesta ligazón.