Publicidad

Últimos días para anotarse nos talleres gratuítos para maiores nas parroquias de Valdoviño

FERROL360 | Martes 24 outubro 2017 | 11:36

O prazo de inscrición nos obradoiros gratuítos para persoas maiores ‘+Vida’ e ‘Ponlle ritmo á vida!’ conclúe este venres. Así, o Concello lembra que as persoas interesadas en tomar parte nos mesmos deben anotarse no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa da casa consistorial- ou chamando ó teléfono 981 48 70 41 ext.5.

Estas accións darán comezo o 7 de novembro e celebraranse nas parroquias de Meirás, Pantín, Sequeiro e Vilaboa.

Baixo o título ‘Ponlle ritmo á vida!’, o Concello programa obradoiros de musicoterapia. Semanalmente, celebraranse os martes en Meirás (11.00 horas), Vilaboa (16.00 horas) e Pantín (18.00 horas) e os mércores en Sequeiro (16.00 horas).

Así mesmo, a través de ‘+Vida’ o Concello propón ás persoas maiores actividades como arterapia, risoterapia, movemento expresivo, xogos teatrais, conciencia corporal e mindfull. As sesións celebraranse os mércores en Pantín ás 16.00 horas e en Vilaboa ás 18.00 horas, e os luns ás 16.00 horas en Meirás e ás 18.00 horas en Sequeiro.