Publicidad

O lago de As Pontes acollerá desde este martes o II Campamento Náutico

Ferrol360 | Luns 31 xullo 2017 | 8:55

Vela lixeira, windsurf, piragüismo e paddel board son algunhas das actividades que se desenvolverán nos vindeiros días no lago de As Pontes. A proposta enmárcase na segunda edición do Campamento Náutico Lago de As Pontes.

O campamento diríxise a nenos e nenas de entre 8 e 17 anos de idade e o obxectivo do mesmo é que poidan experimentar cos deportes naúticos nun entorno único, coma é o lago de As Pontes.

A actividade terá lugar do 1 ao 8 de agosto e conta coa colaboración do Concello de As Pontes.