Publicidad

A Xoguetoloxía ou como divertirse con obxectos feitos con material de refugallo

FERROL360 | Sábado 2 xaneiro 2016 | 13:48

O pavillón de Santa Mariña acolle este sábado un obradoiro de Xoguetoloxía. Así bautizaron os seus promotores a actividade promovida pola concellería de Participación e Normalización Lingüística de Ferrol, que terá lugar entre as 16:00 e as 20:00 horas.

Os pequenos participantes nesta proposta programada no marco dos eventos de Nadal do Concello terán oportunidade de crear os seus propios xogos, xoguetes e enredos a partir de material de refugallo. Non é precisa inscrición previa e pódese gozar desta actividade de balde. Diríxese a nenos dende 4 anos de idade.