Publicidad

A ITV agrícola regresa a vindeira semana a San Sadurniño

FERROL360 | Sábado 12 marzo 2016 | 12:29

A estación móbil da Inspección Técnica de Vehículos volverá a San Sadurniño a vindeira semana para que os conductores de tractores e outra maquinaria agrícola podan pasar a revisión.

Así, o xoves 17 de marzo a ITV trasladarase a Santa Mariña do Monte durante toda a xornada. Será no aparcadoiro ao pé da igrexa parroquial, en Moimentos.

O horario será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18.00 horas. Xa o día 31 de marzo a estación estará instalada na pista polideportiva da parroquia de Igrexafeita no mesmo horario. Tamén estará o día 1 de abril no mesmo lugar, pero neste caso só pola mañá.

A cita pode pedirse a través do teléfono 902 309 000 ou nesta web. Outra posibilidade é solicitar cita no lugar desde o primeiro día de chegada da estación sempre que haxa ocos libres.

Cómpre lembrar que os tractores agrícolas, maquinaria agrícola autopropulsada, remolques agrícolas e outros vehículos agrícolas especiais, excepto motocultores e máquinas equiparadas teñen que pasar a revisión a partir dos oito anos. Dos oito aos 16 a inspección será cada dous anos e de 16 anos en diante a itv é obrigatoria todos os anos.