Ir al contenido
Facebook X-twitter Instagram
  • Inicio
  • Actualidad
    • Campus
    • Política
    • Economía
    • Empleo
    • Naval
    • Defensa
    • Urbanismo
    • Sanidad
    • Sostenibilidad
    • Educacion
    • Formacion
    • Sucesos
    • Turismo
    • Entidades Sociales
  • Cultura
    • Música
    • Cine
    • Artes Escénicas
    • Literatura
    • Danza
    • Artes Plásticas
    • Etnografía
    • Gastronomía
    • Patrimonio
    • Lingua
    • Festa Rachada
    • Ocio y Eventos
    • Abeiro de Músicas
    • Arquitectura
    • Feminismos
    • Espiritualidad
  • Deportes
    • Baxi Ferrol
    • Racing de Ferrol
    • Fútbol
    • Fútbol Sala
    • Atletismo
    • Baloncesto
    • Triatlón
    • Ciclismo
    • Gimnasia Ritmica
    • Hípica
    • Artes Marciales
    • Natación
    • Remo Piragüismo
    • Rallyes
    • Rugby
    • Surf
    • Tenis
    • Tiro con Arco
    • Waterpolo
  • Gastro360
  • Rec360
    • Reportajes
    • Entrevistas
    • Crónicas
  • Opinión
    • O Voceiro da veciñanza
    • Desde la Atalaya
    • Casos y cosas
    • Desde la diáspora
    • «Entre comillas»
    • Ferrol en femenino
    • Onte, mañá e sempre
  • Agenda
Facebook X-twitter Instagram
  • Actualidad
  • Cultura
  • Deportes
  • Gastro360
  • Rec360
  • Opinión
  • Agenda
Facebook X-twitter Instagram
Últimas noticias
  • La Plaza de España estrenará más de 3.300 flores este verano
  • Tamara Bouza recupera el Safari Park: «Queremos que las familias se sientan como en casa»
  • Neda invertirá cerca de 50.000 euros para reforzar el abastecimiento de agua potable
  • Rueda: «El proyecto de Saic está llamado a transformar el futuro de Galicia»
  • Últimos días para apuntarse al curso de socorrismo gratuito de la Mancomunidad de Ferrolterra

O actor Xosé Touriñán estrea ‘Monólogo do imbécil’ en Narón

  • Imagen de AryLopez_Ferrol360 AryLopez_Ferrol360
  • marzo 31, 2016

ARY LÓPEZ | Xoves 31 marzo 2016 | 17:25

Entre gravacións en plató, viaxes en furgoneta ou ensaios en escenarios, Xosé Touriñán fai unha parada o venres e o sábado en Narón para converterse en Santi, un personaxe ao que todo lle sae mal, un individuo ao que a sorte lle escapa e non consegue facer nada ao dereito. Malia que pretende comportarse coma os demais e ten ilusión por ir á escola, por ter un traballo, formar unha familia e, por norma xeral, actuar «coma todo o mundo», sempre lle sucede algo que acaba deixándolle cara de parvo.

Baixo o título de Monólogo do imbécil, o actor que se meteu en moitos fogares galegos interpretando a Mucha nas Cantareiras de Ardebullo, estrea en solitario un espectáculo de humor escrito e dirixido polo naronés José Prieto, quen recibiu por esta peza o premio Max de Teatro en 2003 ao mellor texto en lingua galega.

FERROL360 – Tendo como director a un naronés a obra debía estrearse nesta cidade.

XOSÉ TOURIÑÁN – Si, José Prieto xoga na casa, pero ademais, a produción desta obra compártena Eme2 e o Padroado da Cultura de Narón. E de feito é a segunda estrea porque o monólogo xa o representara Santi Prego hai uns catorce anos. Sen dúbida, Narón é un gran lugar para facer este debut e intentaremos que sexa unha festa.

360 – E, ademais, con dobre pase.

XT – Si, xa está a ser un éxito, porque a venda de entradas vai moi ben. A ver se agora o auditorio non se nos queda grande.

360 – Que significado ten para ti esta peza?

XT – É un texto moi bonito. Trátase dun monólogo dun imbécil pero feito con moito cariño que conta a súa historia persoal dende o momento que foi concibido. E ten un percorrido emocional importante. Non se trata só de facer chistes senón de achegarse ao personaxe.

360 – Como é Santi? Que é o que o caracteriza?

XT – É un perdedor e todo lle sae mal. Ten mala sorte na vida pero é inocente e moi riquiño.

360 – Resultouche sinxelo poñerte na súa pel ou inspirácheste en alguén para interpretalo?

XT – Non, co que teño eu xa me chega, non me fixo falta inspirarme en ninguén e como imbécil que son, tamén me sinto identificado (risas). Pero foi un traballo duro e un reto moi bonito.

360 – Nos teus espectáculos adoitamos verte case sempre acompañado, pero ti como te ves no monólogo?

XT – Son cousas distintas, gústame estar só pero prefiro traballar acompañado. Son un animal de manada, de divertirme e de xogar con máis xente pero, repito, isto foi un reto, un formato totalmente distinto e gústame probar cousas que non sei se son capaz de facer.

360 – Gustaríache interpretar algún papel dramático nos teus próximos proxectos?

XT – Si, encantaríame. O bo que ten o noso oficio é que cada día podes ser unha cousa e podes probar a ser de todo. Na comedia estou moi a gusto e contento e espero seguir moitos anos facendo papeis cómicos pero hai que estar disposto a facer de todo e sobre todo do que teño ganas é de seguir aprendendo.

360 – E como aterraches no mundo da interpretación?

XT – Foi de casualidade e o culpable foi Marcos Pereiro. Estabamos nun grupo de teatro da Universidade Laboral de Culleredo e aí fixemos o dúo. A cousa foi indo a máis pero nunca pensei dedicarme a isto porque estudei Filoloxía Galego-Portuguesa e eu pensaba que ía ser mestre. Pero foime ben, as cousas que facemos funcionan e ver ao público que disfruta véndote engancha moitísimo. Penso que a mellor maneira de que te enganche unha profesión é cando disfrutas facéndoa.

360 – Ultimamente non hai que te pare e parece que estás a vivir un gran momento profesional. Vémoste en Buscando Ardebullo, Land Rober, Amigos ata a morte, Manolo Lojo, Curtis & Teixeiro e agora Monólogo do imbécil.

XT – Si, teño que dicir que ata agora todos foron os meus mellores momentos e iso que estou estresado e agobiado con tantas propostas que quero facer. Pero estou encantadísimo.

Con Monólogo do imbécil inaugúrase Singular, o Festival do Monólogo Teatral, que organizan conxuntamente o Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora compostelá Eme2. A función terá lugar no Pazo da Cultura este venres a partir das 20:30 horas e o sábado ás 20:00 horas. As entradas teñen un prezo de 6,65 euros para os abonados, estudantes, desempregados e posuidores do carné Xove e de 9,50 euros para o público en xeral.

Relacionadas

La familia Rico Bouza, a los mandos del parque infantil

Tamara Bouza recupera el Safari Park: «Queremos que las familias se sientan como en casa»

socorristas A Frouxeira

Últimos días para apuntarse al curso de socorrismo gratuito de la Mancomunidad de Ferrolterra

Facebook X-twitter Instagram

Ferrol360 – Somos nuestra comarca – Todos los derechos reservados © 2025