FERROL360 | Martes 6 setembro 2016 | 13:39
Un total de 2.100 persoas coñeceron o Museo Mares de Cedeira dende a súa inauguración, o pasado 23 de xullo. Unha cifra que para os representantes da Asociación Mares de Cedeira, xestores da exposición, avala as instalacións e indican que «o museo cumpre con moito os nosos obxectivos».
Membros da Asociación teñen previsto reunirse nos próximos días con responsables do colexio Nicolás del Río a fin de traballar na elaboración dunha unidade didáctica para a promoción do museo no ámbito escolar.
Asi mesmo, os responsables da entidade agradecen a colaboración que veñen recibindo, incluso antes da inauguración, por parte da Sociedade Galega de Historia Natural para axudar a contextualizar algúnhas das pezas.
Ata o 15 de setembro, o museo abrirá mañá e tarde. A partir desa data só o fará polas mañás, de 10:30 a 13:30 horas.