FERROL360 | Sábado 10 setembro 2016 | 12:06
A X edición da Festa da malla tradicional ‘Os Casás 2016’ celébrase este domingo en Cerdido con actuacións musicais, xantar, exposición, solta de pombas e a recreación da malla.
A celebración comezará ás 10:00 horas cunha exposición de maquinaria con novas incorporacións e coches clásicos. Xa ás 10:45 terá lugar a malla popular acompañada de copiñas de caña e mistela. O grupo Alborada porá a música durante o descanso da malla.
Sobre as 13:30 horas será a quenda da sesión vermú con Suso Moeche e ás 14:30 horas tempo de xantar con paella, churrasco, criollo, liscos e cachelos.
A novidade desta edición da Festa da malla será unha exhibición de solta de pombas e a partir das 17:00 horas actuacións de Alborada e Suso Moeche.