FERROL360 | Martes 8 decembro 2015 | 17:15
A concelleira de Benestar Social de Ferrol, Beatriz Sestayo, denuncia que preto dunha veintena de doentes atopábanse este martes nas Urxencias do CHUF á espera de ser hospitalizados ante a «falta de espazo e de persoal».
Sestayo esixe solucións e respostas á Xunta de Galicia polo «colapso» que se está a rexistrar no Arquitecto Marcide, que amosa as graves consecuencias dos recortes na Sanidade Pública.
A edil urxe á Xunta de Galicia a que cambie a súa política de recortes ante a situación da sanidade en Ferrol. Neste senso, lembra que parte das instalación do Hospital Naval, dependente do SERGAS, están pechadas mentres os pacientes teñen que permanecer en Urxencias á espera dunha cama no Arquitecto Marcide.