FERROL360 | Sábado 19 decembro 2015 | 15:42
A concellería de Servizos Sociais, que dirixe Ana Rosa Pena, organiza varias iniciativas durante as datas de Nadal nas que as personas máis desfavorecidas do municipio son as protagonistas.
Así, se repatirán 45 lotes de alimentos para as familias máis necesitadas, que estarán compostos por produtos básicos como aceite, carne, doces de nada, e alimentos non perecedoiro aportados por Cruz Vermella.
Son un total de 3.500 quilos, que recadáronse tamén grazas á colaboración de asociacións de veciños, Amas de Casa, Bordaleiras e outros colectivos. Desde o concello de Neda agradecen o compromiso solidario amosado polos veciños que colaboraron na iniciativa.
Tamén desde o departamento de Servizos Sociais preténdese que ningún neno poida pasar as datas de Nadal sen recibir un agasallo, e polo tanto distribuirá un vale de compra por importe de 50 euros por cada neno de familias desfavorecidas.
Chocolate cos maiores
Por último, o Concello tamén quere homenaxear ós maiores e organizará para eles unha chocolatada o vindeiro mércores 30 de decembro. Será no centro cívico desde as 18:00 horas. Non faltará o chocolate con churros, o roscón de Reis e a animación dun grupo musical.
Os veciño de Neda maiores de 65 anos que queiran participar nesta merenda gratuíta, deben retirar as invitacións na Oficina de Servizos Sociais ou no centro cívico.