FERROL360 | Luns 3 agosto 2015 | 11:46
Este luns comezan as visitas guiadas aos traballos arqueolóxicos que se están a realizar no Castelo do Casón. Unha ruta gratuita de 30 minutos de duración comandada polo equipo de arqueólogos encargados de levar a cabo os traballos.
Estas visitas terán lugar os luns, mércores e venres, ás 12:00 horas, ata o día 26 de agosto. Para poder participar nelas hai que inscribirse na Fundación Ortegalia, no teléfono: 981. 402.413 ou no enderezo electrónico: fundacion@ortegalia.es. Na Oficina de Turismo tamén se poden realizar as inscripcións no 981.974.103 ou turismo@concellodeortigueira.com.
Os grupos son limitados e o punto de encontro para iniciar a ruta sitúase no local social de San Andrían, Serantes, Ortigueira.