Publicidad

Arranca un novo curso para a Escola de Participación Cidadá de Narón

FERROL360 | Miércoles 2 septiembre 2015 | 14:32

O mes de setembro é o mes da volta á normalidade, ás rutinas e actividades. A Escola de Participación Cidadá do Concello de Narón comeza este mércores a súa actividade normal con xornadas de atención ao público e visitas para asesorar ás entidades que o requiran.

O horario de atención ao público das oficinas, localizadas no baixo da Casa da Cultura, será os mércores, xoves e venres de 09.30 a 13.30 horas. Fóra deste horario tamén poden concertarse citas chamando ao número de teléfono 629.747.336.

Pero iso non é todo, porque a Escola de Participación Cidadá de Narón tamén estuda a posibilidade de realizar encontros nos locais sociais dos diferentes barrios e parroquias do municipio ou nas oficinas da Casa da Cultura.

Ademais, os colectivos interesados en difundir as actividades e eventos que organizan ao longo do ano poden facelo a través do email: escoladeparticipacion@cidadania.coop.

Por outra banda, a concelleira de Acción Social, Catalina García, avanza que, tal e como estaba previsto, este mes se convocarán aos responsables da área de Participación Cidadá dos concellos da comarca para continuar traballando no deseño de accións conxuntas nesta materia.