Publicidad

Últimas horas para inscribirse na II Ruta BTT Concello de San Sadurniño

FERROL360 | Mércores 9 setembro 2015 | 18:07

Este domingo terá lugar a II Ruta BTT Concello de San Sadurniño organizada polos Clubes Biela e Chaveta. Unha ruta de 30 quilómetros de percorrido por camiños e pistas forestais cunha dificultade media-alta. Nesta proba poderán participar deportistas federados e non federados e as inscricións están abertas ata a medianoite deste mércores aquí.

O prezo por participar son 10 euros e aqueles que tamén queiran participar no xantar deberán abonar outros 12 euros. Ademais, se algún participante non está federado terá que pagar o custe da licenza para un día, cun prezo de 5 euros.

Os dorsais entregaranse o venres e o sábado na tenda Bikeworks de Narón ou ben o propio día entre as 8.15 e as 8.45 horas no patio do colexio público. Desde punto sairá a ruta sobre as 9:00 horas e o trazado definitivo publicarase aquí o sábado a partir das 17.00 horas.

Como novidade, nesta segunda edición ofrecerase unha actividade de patinaxe para familias e persoas acompañantes entre as 11:00 e as 12.30 horas a cargo de Sobre Rodas Escola.