Publicidad

Convocatoria urxente para a cobertura de vacantes en dous cursos da Rede Xiana2

FERROL360 | Luns 13 abril 2015 | 18:57

A Deputación da Coruña abre un periodo de inscrición urxente para os cursos de comercio electrónico e economía social da Rede Xiana2 que se imparten en San Sadurniño. Nestes momentos non hai datos concretos do número de vacantes que se ofrecen, pero as personas interesadas deben inscribirse antes deste mércores.

O curso de comercialización e venda electrónica se desenvolverá do 20 ao 24 de abril en horario de 9:00 a 14:30 horas e terá unha duración de 30 horas. Mentres, o de xerencia de empresas de economía social terá lugar do 27 de abril ao 26 de maio tamén de 9:00 a 14:30 horas, e neste caso a duración é de 116 horas.

É imprescindible que as persoas que se apunten estean desempregadas e empadroadas en San Sadurniño. As inscricións haberá que facelas o mércores 15 como moi tarde acudindo ao departamento de Igualdade ou á Oficina de Orientación Laboral. Para obter máis información pódese chamar ao 981.490.027 (ext. 1 Igualdade e ext. 2 Orientación laboral).

Publicidad

banner parque ferrol