Publicidad

A Banda de Música de Neda convida aos veciños a sumarse ao seu proxecto

FERROL360 | Martes 21 abril 2015 | 18:45

Maiores e pequeno de Neda teñen as portas abertas para formar parte da Banda de Música e poder participar nas súas actividades de forma totalmente gratuíta. A formación convida a todos os nedenses a sumarse ao seu proxecto.

Os interesados deben poñerse en contacto coa agrupoación a través do teléfono: 693.41.65.79 ou do enderezo electrónico: luis@bandalapasion.com. Tamén poden acudir á Casa da Cultura, lugar no que a formación ten o seu local de ensaio.

Os menores de idade deben contar con autorización do pai, nai ou titor legal.

Banner Odeon