Publicidad

Queremos Galego concéntrase este domingo en Ferrol en defensa da lingua

FERROL360 | Mércores 13 maio 2015 | 18:00

Ferrol súmase este domingo á listaxe de localidades nas que a plataforma Queremos Galego celebrará actos reivindicativos coincidindo co Día das Letras Galegas. A cita da cidade naval comezará as 12:00 horas na praza do Cruceiro de Canido e foi presentada este mércores na Galería Sargadelos ferrolá.

Carlos Outeiro, coordinador do colectivo na zona, tivo palabras críticas en relación coa política lingüística do Concello, afirmando que o plan específico de promoción do galego é obviado de xeito sistemático polo goberno local. Ao mesmo tempo, o voceiro alertou do incumprimento da ordenanza relativa.

O músico Víctor Aneiros sostivo nesta cita que fai música en galego, alonxándose de idiomas como o inglés, pola súa intención de aproveitar a riqueza da lingua e da cultura autóctonas. Pola súa banda, o sociolingüísta Francisco Rodríguez dixo que manter o galego significa ser consciente da propia realidade dun pobo que non depende de ninguén.

Comparecencia deste mércores en Sargadelos (foto: Queremos Galego)
Comparecencia deste mércores en Sargadelos (foto: Queremos Galego)