FERROL360 | Xoves 14 maio 2015 | 19:45
O Teatro Jofre acolle este venres un encontro de Editores Coruñeses no que se proxectará un documental e se celebrará unha mesa redonda para analizar o desenvolvemento do mundo editorial galego. O acto comezará ás 20:30 horas.
O documental leva por título A edición histórica na Coruña, e o mesmo da a coñecer a tradición editorial e o desenvolvemento do mundo editorial gallego. De seguido, terá lugar unha mesa redonda coa participación dos seguintes persoeiros das distintas editoriais galegas:
Miguel Anxo Fernández Bello (Espiral Maior), Xan Arias-Andreu Rodríguez (Tirfolium), Eduardo Riestra Rodríguez-Losada (Ediciones del Viento); Miguel Tova (Edicións Embora), Manuel Gándara (Hércules Ediciones S.L.) e José Benito Calvo Rego (Biblos Clube de Lectores S.L.).