Publicidad

Nova sesión do Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes en Fene

FERROL360 | Luns 25 maio 2015 | 19:28

O Grupo de Apoio a Familias de persoas dependentes de Fene celebra unha nova sesión este martes, ás 16:30 horas, no Centro Municipal de Servizos Sociais. A sesión leva por título «O coidador precisa ser empático» e terá unha duración de 90 minutos.

Na sesión deste martes abordarase o que é a empatía, os dereitos empáticos e a importancia na labor do coidado de ser receptivo ás emocións dos demáis e saber interpretalas. O Grupo de Apoio a Familias pretende converterse nun espazo para compartir experiencias, sentimentos e dúbidas.

Ao mesmo tempo, celebrarase unha nova sesión do obradoiro «Recuperación memoria», pensado para tratar o inicio de patoloxías, diminuíndo ou retrasando a incidencia da demencia e deterioro cognitivo.

Por iso, os participantes pasan unha proba previa para valorar o seu estado e así poder adaptar as actividades ás súas necesidades. As accións están encamiñadas a mellorar a memoria, orientación e atención, así como retrasar a incidencia da demencia e deterioro cognitivo.

As sesións, gratuítas, celébranse todos os martes de 16:30 a 18:00 horas. Hai que incribirse de forma previa no departamento municipal de Servizos Sociais.

Publicidad

Banner parque ferrol