FERROL360 | Venres 19 xuño 2015 | 19:34
O tramo comprendido entre a rotonda da Ponte das Cabras, na estrada de Castela, e a glorieta da Trinchera, na FE-11, permanece pechado ao tráfico rodado en ambos carrís de circulación –e nos dous sentidos.
Este corte débese a execución dos traballos de saneamento da ría e reabrirase unha vez finalicen as obras. Conscientes das molestias que pode ocasionar esta medida, desde o Concello de Narón confíase en poder reabrir canto antes a zona á circulación rodada. Mentres, os conductores deberán utilizar nos vindeiros días rutas alternativas.