Publicidad

O comité de empresa de Megasa agradece a mediación do Concello de Narón na súa problemática

FERROL360 | Mércores 21 xaneiro 2015 | 16:03

Xuntanza este mércores entre o comité de empresa de Megasa, o alcalde de Narón e os representantes dos grupos políticos municipais para agradecer a labor de mediación realizada dende o Concello no conflicto laboral das últimas semanas.

Cómpre lembrar que finalmente a compañía decidiu dar marchar atrás ao despedimento de 47 traballadores a cambio de levar a cabo 39 prexubilacións. O comité de empresa declarouse satisfeito con este acordo, tendo en conta a proposta inicial da compañía.