FERROL360 | Sábado 28 marzo 2015 | 17:07
O BNG de Neda decidiu presentar a súa candidatura ás eleccións municipais de maio, con Helena Pardo como cabeza de lista. Pardo foi concelleira do Bloque entre os año 1999 e 2007 e acompáñana na candidatura militantes do BNG e persoas non militantes pero preocupadas polo presente e polo futuro do municipio.
Desde o BNG de Neda indican nun comunicado que queren «recuperar a confianza dos veciños e veciñas para, desde o governo do concello, tomar as medidas que cambien o rumbo» dos últimos anos.
A prioridade dos nacionalistas será «a transparencia nas actuacións do governo e a claridade e a publicidade das decisións e sobre todo das contas municipais».
Comprométense a prestar especial atención á xuventude, aos nenos e aos sectores máis desfavorecidos, que «permanecen esquecidos polo actual governo do concello de Neda».
Asimesmo, advirten que «non prometeremos o que non se poida cumprir nin enganaremos aos veciños e veciñas con engados atractivos que logo queden en fume».


