FERROL360 | Xoves 30 outubro 2014 | 14:34
Un grupo de alumnos de 3º e 4º de Educación Primaria do CEIP Virxe do Mar visitou as instalación do Concello de Narón.
Os escolares percorreron as distintas dependencias onde se ubican os servizos municipais e saudaron no salón de plenos ó alcalde de Narón, José Manuel Blanco.
Blanco respostou a todas as preguntas que realizaron os escolares, relacionadas co funcionamento do Concello.
