Publicidad

O Colexio Ayala de Narón cumpre o seu 50º aniversario

FERROL360 | Venres 14 novembro 2014 | 20:06

O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, visitaron esta venres o Colexio Ayala con motivo do seu 50º aniversario. Foron recibidos pola directora do centro, María del Río, acompañada do xefe de estudios e de representantes da ANPA.

Tras un intercambio de obsequios conmemorativos desta data, os representantes políticos e os responsables do centro educativo percorreron as instalacións e charlaron acerca da historia do Colexio Ayala.

Actualmente, o centro suma máis de 300 alumnos de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Fundado no ano 1964 na Estrada da Estación (Santa Icía), o colexio ubícase na actualidade na rúa Cristóbal Colón, en A Solaina.

O alcalde e a concelleira foron recibidos pola directora do centro, o xefe de estudios e representantes da ANPA (foto: Concello de Narón)
O alcalde e a concelleira foron recibidos pola directora do centro, o xefe de estudios e representantes da ANPA (foto: Concello de Narón)