FERROL360 | Martes 4 marzo 2014 | 17:45
O Concello de Neda levou a cabo este martes traballos de poda nas diferentes especies arbóreas emprazadas nos xardíns da Casa das Palmeiras. Especies na súa maioría centenarias e que definen un espazo singular e emblemático no centro urbano da real vila.
As tarefas foron executadas pola empresa de mantenemento de xardíns debido ao avanzado estado de deterioro das dúas palmeiras situadas no entorno, que sufriron con forza os efectos dos temporais deste inverno. De feito, estábase a converter nun perigo polo risco de caída das follas secas.
Para realizar os traballos foi preciso recurrir a un camión grúa que alcanza os 20 metros de altura, polo que se aproveitou a súa presenza para podar tamén a araucaria centenaria e os tres magnolios que integran os xardíns.
Deste xeito, a poda permitirí non so rexenerar a arboleda senón tamén gañar luz na Casa das Palmeiras e o seu entorno, un dos epicentros culturais da real vila. As tarefas de poda tamén afectan as árbores dos xardíns do Coto.