Publicidad

A demolición da antiga queixería de San Sadurniño permitirá crear un aparcadoiro dunhas 35 prazas

FERROL360 | Luns 14 abril 2014 | 17:43

Este luns comezaron en San Sadurniño as obras de urbanización da contorna do Pazo da Marquesa e o máis significativo da xornada foi o derrubamento dun antigo edificio que noutrora fora queixería.

O que se pretende é construír unha zona de aparcadoiro para uns 35 vehículos e mellorar o estado do complexo onde se integran o Pazo da Marquesa e o edificio que será a escola infantil.

Construcciones Guerreiro Somozas acondicionará a zona nun prazo máximo de dous meses, logo de se lle adxudicar a obra por un contrato de algo máis de 60.000 euros. O seguinte paso será axeitar os arredores dos inmobles con lousa e área vexetal.

A imaxe amosa os escombros da antiga queixería que será un aparcadoiro nos próximos meses (foto: Concello de San Sadurniño)
A imaxe amosa os escombros da antiga queixería, que será un aparcadoiro nos próximos meses (foto: Concello de San Sadurniño)