FERROL360 | Mércores 2 xullo 2014 | 18:41
A praia do Xuncal de Ares será o escenario da XVI edición do concurso de castelos na area, que se celebra o día 11 de xullo. A actividade arrancará ás 11:00 horas na praia do Xuncal, diante do parque municipal Rosalía de Castro, e as persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición desde este xoves.
O lugar para realizar as inscricións é a Alianza Aresana, en horario de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres. Tamén se pode chamar ao teléfono 981 448 057. O prazo remata o día 10 de xullo. Pódese participar de xeito individual ou en grupos, iso si, de non máis de tres persoas, e hai que puntualizar que os membros do grupo deben pertencer todos ao mesmo grupo de idade, agás na categoría familiar. Ditas categorías son as de menores de 7 anos, entre 7 e 11 anos, de 12 a 17 e familiar.
O xurado, que estará composto por persoal de Cultura do Concello de Ares e algunha persoa elexida ao azar que se atope no lugar do concurso pero que non sexa participante, decidirá o único premio que se entregará por cada unha das categorías, aínda que as bases establecen que se poderá establecer algún accésit se o xurado o estimase oportuno no seu momento.