Publicidad

Retiran a pancarta contra a reforma da lei do aborto que estaba colgada na casa consistorial de San Sadurni

FERROL360 | S?bado 1 febreiro 2014 | 19:49

Na madrugada deste s?bado o cartaz que manifestaba a repulsa da reforma da lei do aborto desapareceu da fachada do edificio do Concello de San Sadurni?o. Baixo o lema ‘Polo dereito a decidir. Aborto libre e gratu?to’, o cartel trasladaba a idea compartida por toda a corporaci?n municipal relativa ? modificaci?n que o Goberno central ten previsto realizar sobre a actual lei do aborto.

Foi no pleno do pasado mes de xaneiro cando quedou formalizada oficialmente a repulsa a este anteproxecto de lei, despois de que os nacionalistas presentaran unha moci?n aprobada por unanimidade polas tres forzas pol?ticas con representaci?n no municipio.

Este ideal materializouse a trav?s dunha pancarta que se pendurou o pasado m?rcores na fachada do Concello, que est? a ocasionar certa pol?mica entre a poboaci?n local, e algu?n xa se encargou de retirala.

Dende o consistorio afirman que non se trata dun ?acto vand?lico espont?neo?; m?is ben, sinalan que ? ?unha acci?n premeditada que atenta contra un patrimonio p?blico?. O alcalde, Secundino Garc?a, insiste en que o lema da pancarta ?resume un acordo plenario adoptado pola unanimidade do BNG, o PP e o PSdeG-PSOE?. Para o rexedor, este feito ?parece m?is propio dos tempos da Inquisici?n que do s?culo XXI? e engade que nos ?ltimos d?as ?houbo unha campa?a a nivel local a trav?s das redes sociais en contra de que o Concello expresase publicamente o seu desacordo coa reforma da lei do aborto?.

Recentemente, segundo informan alg?ns medios de comunicaci?n, o Foro Gallego de la Familia esix?a ao municipio a ?retirada inmediata? da pancarta, pero dende o consistorio apuntan que non recibiron de maneira oficial tal solicitude.

Non habendo proba algunha que demostre a autor?a deste feito, o Concello de San Sadurni?o anuncia que lle trasladar? o sucedido ? Garda Civil o pr?ximo luns. Malia todo, sinalou que volver?n a colgar un novo cartaz.

A pancarta que manifestaba o rexeitamento da reforma da lei do aborto foi retirada na madrugada do s?bado (foto: Concello San Sadurni?o)
A pancarta que se opo??a ? reforma da lei do aborto foi retirada na madrugada do s?bado (foto: Concello de San Sadurni?o)