FERROL360 | Sábado 12 outubro 2013 | 13:55
Unha vez máis, o vecindario do barrio ferrolán O Bertón, saiu á rúa para amosar o seu descontento coa situación actual dunha zona que consideran abandonada. Acompañados polo BNG de Ferrol, concentráronse na tarde de onte para reclamarlle ao consistorio unha maior atención neste área onde esixen que se limpe e elimine a maleza existente.
Quéixanse de que a maior parte do mobiliario urbán está inutilizado e advirten do mal estado en que se atopan algunhas parcelas convertidas, din, en «vertedoiros incontrolados de lixo». Alertan tamén, dos problemas de salubridade que están a sofrer os propios veciños, obrigados a facer fronte a pragas de insectos e roedores.
Ademáis, o colectivo veciñal amosa o seu interese por coñecer o estado en que se atopan as obras de acceso ao polígono. Esixen que se lles informe do alcance do proxecto de urbanización e que tanto a Xunta de Galicia coma o Concello de Ferrol atendan ás labores de limpeza e mantemento deste barrio.
A formación nacionalista demanda que as obras se inicien canto antes e se poña freo ao deterioro que se está a vivir na zona.
