Publicidad

Ferrol conta dende este martes con diversos puntos de recollida de tapóns de plástico

FERROL360 | Martes 15 outubro 2013 | 18:45

Yo colaboro por una sonrisa é un proxecto solidario posto en marcha por un grupo de mozos que promoven eventos para axudar aos nenos e nenas máis necesitados. O Concello de Ferrol colabora con esta iniciativa poñendo a disposición dos cidadáns puntos de recollida de tapóns de plástico en diferentes edificios municipais. Algúns deles están na Casa Solidaria, no Centro Cívico de Caranza, na Casa da Muller ou no Edificio Social da rúa Sánchez Barcáiztegui.

O obxectivo é recoller grandes cantidades deste material para recadar fondos que serán destinados a axudar e a mellorar a calidade de vida de moitos nenos e nenas.

tapóns