FERROL360 | Mércores 3 xaneiro 2018 | 13:03
A Agrupación Instrutiva de Caamouco ten todo a punto para celebrar a cuarta edición do seu Nadal Solidario. Unha iniciativa solidaria na que non faltarán a música e os bailes da man de Cé Orquesta Pantasma, un home que entretén a pequenos e maiores coas súas divertidas cancións e os seus múltiples instrumentos.
Cé repite por segundo ano consecutivo no Nadal Solidario da Agrupación, despois do éxito da edición anterior e de que numerosas persoas pediran que regresase a Caamouco. Este ano, o acto solidario organizado pola Agrupación fará unha recollida de alimentos non perecedoiros para a Cociña Económica de Ferrol.
A cita será este xoves 4 de xaneiro, a partir das 19:00 horas, no centro social da Tenencia.
















Debate sobre el post