FERROL360 | Sábado 6 abril 2019 | 19:11
A caminata entre Santiago e Fisterra organizada polo Concello de Neda remata este domingo 7 de abril coa chegada ao cabo do mundo. Os excursionistas rematarán en Fisterra unha viaxe de 25 quilómetros. No regreso dos viaxeiros o Concello os agaxará con música, viandas e recibirán a Fisterrana.
Neda recibirá aos peregrinos despois de que estes completarán catro xornadas nas que percorreron case 100 quilómetros entre elas. A última delas cubrirán un tramo de 25 quilómentros que é a distancia que existe entre a ermida de Nosa Señora das Neves e o faro situado na fin do mundo.
A saída será ás 07:30 horas do albergue de peregrinos e unha parte da viaxe farase en autobus co que tamén se fai a viaxe de regreso.
A actividade entre a capital de Galicia e Fisterra comenzou o pasado 17 de marzo e está a piques de rematar aínda que polo éxito que tivo esta edición o Concello xa está pensando na seguiente cita.
Os puntos positivos de camiñar xunto ao coñecemento do noso patrimonio artístico, histórico, cultural e natural e a socialización que se consigue grazas a actividades fai que a xente repita máis veces.
Debate sobre el post