Publicidad

A ANPA Galatea leva ao mago Benxamín ao CEIP Virxe do Mar para celebrar o Samaín

FERROL360 | Mércores 2 novembro 2016 | 17:12

A ANPA Galatea, do CEIP naronés Virxe do Mar, celebra o espectáculo «Maxia por Samaín». Terá lugar este vindeiro venres, 4 de novembro, e inclúe a actuación do mago Benxamín no salón de actos do colexio. A función dará comezo ás cinco en punto da tarde, comunica a entidade.

O mago dará conta da súa última proposta, «Máxico 2016». É unha actividade na que teñen cabida «debuxos que voan, cartas con alegría, mentalismo en clave de humor, escapismos, aparicións, desaparicións… e todo, barallado con grandes doses de comicidade». Un evento «multidisciplinar» e de «interacción total co público».

A cita conta con respaldo económico parcial da Rede Cultural da Deputación da Coruña e a entrada é de balde para os socios da entidade. Pola súa banda, o público en xeral terá que aportar un donativo de 3 euros por cada neno que vaia acompañado dun adulto.