Publicidad

A Asociación POR+VIDA presenta este sábado a súa nova directiva e as actividades para este curso

FERROL360 | Sábado 17 outubro 2015 | 13:04

A Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA celebra este sábado un acto-presentación da nova directiva da entidade e máis das actividades que porá en marcha nos vindeiros días. A cita será ás 18:30 horas no CMI Unidade de Fene.

A nova directiva está composta por Olalla Sas Cruz como presidenta, María del Carmen Rodríguez Fontán «Chiky» como vicepresidenta, Pilar Mendoza Rodríguez como tesoreira e Mónica Fernández Rodríguez como secretaria.

Durante o evento desta tarde tamén celebrarán os éxitos acadados nos eventos da Carreira da Muller e da Carreira-Andaina solidaria de Asotrame. Na primeira, celebrada en A Coruña, a entidade obtivo tres premios e na segunda, celebrada en Narón, logrou dous.

Ao mesmo tempo, presentarán o libro Beneficios da Educación Física contra a Fatiga Oncolóxica, escrito polo noso colaborador José Barcia Tuccelli que ademais é profesor do programa de actividade física contra a fatiga oncolóxica que de desenvolve en Fene dende o ano 2008.

Programación de actividades

A asociación ten previsto levar a cabo unha programación estable de obradoiros, charlas e outras actividades lúdico-deportivas durante o vindeiro ano. Así, as primeiras a desenvolver será as seguintes:

Un curso de calceta que impartirase os xoves en horario de 17:00 a 19:00 horas; clase de pilates os martes e xoves de 10:00 a 11:00 horas e arte floral, que repite por carto ano consecutivo polo éxito e as numerosas peticións.

Para anotarse nestas actividades hai que chamar ao teléfono 639.788.038 ou escribir a: pormaisvida2011@gmail.comantes do día 29 de outubro.

Para pechar o acto deste sábado lerán un manifesto conxunto con outra asociacións galegas de pacentes de cancro polo día 19 de outubro que é o Día Mundial da Loita contra o Cancro de Mama. O broche final será unha actuación musical mentres celebran a xornada cun pequeno ágape.