FERROL360 | Mércores 7 decembro 2016 | 9:17
O Concello de Cerdido celebrou un ano máis a tradicional Feira anual da Barqueira este martes cunha boa afluencia de público. Sen dúbida, o bo tempo animou aos veciños da zona a gozar dun día de feira e do comercio de proximidade.
A feira contou con postos de produtos da terra, froitas, mel, castañas, cervexa artesá, mostra de cestería e plantas, entre outros. Ademais, co fin de promover a chanfaina, un produto gastronómico típico de Cerdido e arredores, os asistentes puideron degustala de xeito gratuíto.
Desde o Concello salientan que a súa intención é «impulsar e conservar estes eventos tradicionais, que son una mostra etnográfica viva do mundo rural», así como «recuperar a esencia das feiras tradicionais que outrora se facían nesta data».
Debate sobre el post