Publicidad

A Casa da Cultura de Fene acolle a exposición Enfoques

FERROL360 | Domingo 26 outubro 2014 | 11:21

Enfoques é un proxecto colectivo de dos fotógrafos afeccionados Robus Pazos e Tomás Morado. Pazos Santos reside en Narón e é un gran afeccionado á fotografía dende o 2007, habitualmente dirixe o seu traballo cara a fotografía de deportes e de animais.

Pola súa banda, Morado é tamén un fotógrafo afeccionado, que a finais de 2011 mercou a súa primeira cámara réflex e, a comezos de 2012, realizou xa a súa primeira exposición no concello de Neda, onde reside na actualidade.

A mostra permanecerá na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene ata o 15 de novembro. Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.

Unha das fotografías de Robus Pazos que se pode contemplar na exposición (cedida)
Unha das fotografías de Robus Pazos que se pode contemplar na exposición (cedida)