FERROL360 | Mércores 13 novembro 2013 | 15:38
Informar dos programas de subvencións para o vindeiro ano e coñecer os prazos de solicitude e as bases das convocatorias do ente provincial. Ese é un dos obxectivos que leva á Deputación da Coruña a realizar este xoves unha sesión informativa en Ferrol.
Terá lugar na Casa Solidaria – entre a Avenida de Vigo e a rúa Velázquez- a partir das 20:00 horas.
Alí, aclararán as dúbidas para solicitar unha axuda provincial dentro dos catro programas existentes: Deportes, Cultura, Servizos Sociais e Promoción Económica. Tamén se explicará o funcionamento do proceso telemático a través da web www.dicoruna.es
As charlas van dirixidas ao persoal dos concellos e a representantes de entidades sen ánimo de lucro da comarca. Deste xeito, poderán acudir os veciños de Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes e San Sadurniño.
Para o vindeiro 27 de novembro, haberá outra conferencia semellante na sede da Fundación Ortegalia no Concello de Ortigueira o día 27 de novembro.
As convocatorias son abertas e non será necesario inscrición previa para participar.